domingo, 21 de septiembre de 2014

Área Santiago amosará a súa riqueza gastronómica no Festival da Cociña Galega


Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, acollerá catro “showcookings” con produtos e cociñeiros dos Concellos de Área Santiago e colaborará cos talleres gastronómicos para nenos aportando produtos ecolóxicos locais.
O programa de “showcookings” de Área Santiago clausúrase o día 27 cos concellos de Silleda e A Estrada e a participación dos cociñeiros Julio José Mato e Jaume García. O concello de Silleda destacará a súa empanada e o da Estrada amosará a calidade do seu salmón, acompañado de Sidra Ecolóxica de Lagar de Ribela, do Concello da Estrada.

O programa completo de Compostela Gastronómica, Festival da Cociña Galega, pode consultarse en compostelagastronomica.es. As inscricións ás actividades poden facerse na propia web ou no punto de información habilitado no propio Mercado de Abastos de Santiago.