jueves, 26 de septiembre de 2013

Cata de sidras no Bagos de Pontevedra

BAGOS VIÑOTECA

Na próxima cata no Bagos, o vindeiro día 30 de setembro, abordaremos un producto considerado menor e polo tanto un pouco denostado: A SIDRA. Querémolo reivindicar e valorar porque nel conflúen varios factores que nos parecen interesantes:
TRADICIÓN: Na Galiza elabórase sidra de maneira ininterrumpida dende hai milleiros de anos, sobre todo nas zonas non productoras de viño.
AUTENTICIDADE: Demostrada polo feito de existir varios centos de variedades autóctonas de maceiras no país.
POTENCIAL DE CALIDADE: Pola nosa climatoloxía e polos factores antes mencionados temos un potencial inmenso para elaborar sidras de moi alta calidade.
Na liña do antes mencionado temos o pracer de contar con Jesús Armenteros, cecais o maís senlleiro productor de sidra que hai na Galiza.
Probaremos algúns dos seus productos e nos falará do que leva camiñado e do que fará no futuro.
Hora: 21:00h.
Prezo: 15 Euros.
Imprescindible confirmar asistencia.