sábado, 19 de mayo de 2012
Presentación da sidra ecolóxica ‘Ribela’
O Ateneo de Pontevedra presenta a sidra ecolóxica ‘Ribela’, elaborada con variedades de mazá autóctona galega de cultivo ecolóxico na comarca da Estrada, nun acto que leva por título: O rexurdir da bebida da Galicia histórica. A sidra. O acto terá lugar o vindeiro vernes 25 de maio, ás 20 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás. Intervirán Anselmo López Carreira (profesor de Historia Medieval), Xesús Constela (escritor) e Jesús Armenteros (sidricultor).
A presentación estará amenizada polo gaiteiro Novegil, que interpretará tres alalás da tradición musical galega.
“O rexurdir da bebida da Galicia histórica. A sidra”
Día: venres, 25 de maio de 2012
Hora: 20:00
Lugar: Salón de Actos da Casa das Campás (rúa de Don Filiberto, 9-11)