viernes, 30 de marzo de 2012
Cantos de taberna en Pontevedra
A Concellaría de Festas e a Asociación Cultural Maravallada organiza todos os últimos venres do mes “Cantos de taberna”, co obxectivo de recuperar e promocionar os cantos de taberna na cidade de Pontevedra. A cita será cada vernes de fin de mes en distintos bares e tabernas da cidade.
O propósito deste programa é recuperar aqueles cantos nas tabernas que eran unha maneira de divertimento, de ocio mais e un xeito de producir e manter a tradición musical. Ao longo dos anos setenta, comezaron a verse por distintas tabernas o cartel de “Prohibido cantar”, cercenando asi o desexo de moitos afeccionados á música de pasar un rato agradable cantando en compaña de bos amigos.