Los amigos de ADEGA convocan esta fiesta.
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
SÁBADO 5 de NOVEMBRO: FESTA DA SIDRA
Coa colaboración de FRUGA(Federación Rural Galega) e CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal).
Esta xornada de festa ten como obxectivo reivindicar unha actividade ancestral na Galiza que irresponsablemente se perdeu co tempo.
A sidra foi bebida común no noso país, elaborada a partir de variedades de mazá autóctona, variedades que desgraciadamente se foron perdendo ou están a piques de desaparecer.
Hai na Ulloa restos de lagares onde se producía sidra e contan que na mesma Eira da Xoana se facía unha sidra moi apreciada e saborosa.
Nestes momentos, máis que nunca, consideramos necesario recuperar a produción de alimentos elaborados con produtos locais e ecolóxicos, dúas condicións que a sidra cumpre sobradamente.
Este ano, por coincidencia coa festa do magosto, xuntamos os dous motivos para celebrar un día no que os froitos do outono serán os protagonistas.
PROGRAMA:
11.00 h => Emvasado do mel producido na Eira da Xoana
14.30 h => Xantar. Nesta ocasión faremos callos para quen se anote previamente
Menú: Callos, queixo, pan, viño e café.
Prezos: 8 € soci@s , 10 € non soci@s e 6€ nen@s
Como sempre quen queira pode levar a súa propia comida.
14.30 h =>Elaboración de Sidra dirixidos por Tonecho (Antonio Meixide), amigo, compañeiro de ADEGA e profesor do Centro de Formación de Guísamo.
Durante o día haberá actividades para nen@s relacionadas co Magosto e a festa do Samaín.
Pola tardiña haberá música e literatura de Outono.
NOTAS:
1.- Para o xantar é necesario inscribirse antes do día 3 de Novembro chamando a Marcial 638 47 53 22 ou a Pepe Salvadores 659 68 33 84